jueves

UN DÍA NA ÓPERA





Comezamos a nosa andaina coa primeira saída que fixemos o 25 de Xaneiro ao Auditorio de Caixanova en Pontevedra.Fomos ver unha representación adaptada da ópera "O elixir do amor" de Donizetti.
Cinco actores-cantantes e un pianista interpretáronnos a historia dunha moza  coqueta e caprichosa e do seu tímido pretendente,enganado por un pícaro comerciante metido a médico.Ao final todo rematou ben, pero ata entón pasaron por moitos enredos, mentres, nós, partíamonos de risa co que facían.
Nalgúns momentos os artistas andaron entre o público e pediron a nosa participación.Deixámosvos un vídeo e unhas  fotos para compartir a experiencia.Esperamos que vos guste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario