Este ano o Entroido o dedicamos á mellora do Medio Ambiente. Fixemos unha horta na que plantamos herbas aromáticas e tulipáns. O día que celebramos a nosa festa vimos disfrazados de xardineiros, e axudamos aos nosos compañeiros máis pequenos a plantar.
O resto do curso temos que coidar a nosa horta, limpándoa, regándoa...Xa vos contaremos máis adiante o resultado da nosa experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario