jueves

NEGROS E BRANCOS

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This digital collage personalized with Smilebox
Os alumnos de 6º do noso colexio fumos por grupos a todas as clases de Primaria a presentar o conto "Negros e brancos".
A historia fala de dúas clases de elefantes, brancos e negros, como indica o título, que pelexaban entre eles por sentirse diferentes. Menos mal que un grupo de elefantes pacíficos sobreviviron e dende entón os elefantes viviron en paz.

ENTROIDO 2012

Este ano o Entroido o dedicamos á mellora do Medio Ambiente. Fixemos unha horta na que plantamos herbas aromáticas e tulipáns. O día que celebramos a nosa festa vimos disfrazados de xardineiros, e axudamos aos nosos compañeiros máis pequenos a plantar.


O resto do curso temos que coidar a nosa horta, limpándoa, regándoa...Xa vos contaremos máis adiante o resultado da nosa experiencia.

30 DE XANEIRO "DÍA DA PAZ"



O día 30 de xaneiro celebramos, como todos os anos o "Día da Paz" no noso cole. Uns días antes sementamos nuns envases pirixel, tomiño, asubiote, romeu..., e escribimos en cada maceta o noso desexo para que medrara coa planta. Chegado este día, arrodeamos coas nosas plantas a palabra "PAZ". Despois cantamos cancións relacionadas co tema.

UN DÍA NA ÓPERA





Comezamos a nosa andaina coa primeira saída que fixemos o 25 de Xaneiro ao Auditorio de Caixanova en Pontevedra.Fomos ver unha representación adaptada da ópera "O elixir do amor" de Donizetti.
Cinco actores-cantantes e un pianista interpretáronnos a historia dunha moza  coqueta e caprichosa e do seu tímido pretendente,enganado por un pícaro comerciante metido a médico.Ao final todo rematou ben, pero ata entón pasaron por moitos enredos, mentres, nós, partíamonos de risa co que facían.
Nalgúns momentos os artistas andaron entre o público e pediron a nosa participación.Deixámosvos un vídeo e unhas  fotos para compartir a experiencia.Esperamos que vos guste.

martes

BENVIDOS

Comezamos o noso blog no que ao longo do curso iremos publicando actividades e enlaces que vos poden interesar.Esperamos a vosa participación.